Vacacións 3 anos pompas de xabón

Vacacións 3 anos pompas de xabón

Editorial:
Xerais
EAN:
9788499148496
Ano de edición:
Materia
CADERNOS DE VACACI?NS
ISBN:
978-84-9914-849-6
Páxinas:
60
lingua:
GALEGO
Ancho:
275
Alto:
310
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
VACACIONS

14,50 €

IVE incluído

O verán é a mellor época do ano para que os nenos e as nenas vivan novas experiencias. Durante este período permanecen moito tempo no ámbito familiar, sen horarios ríxidos, sen présas, e non sempre resulta doado organizar o tempo de lecer. Ademais, cambian os hábitos,  as rutinas, coñecen novas persoas, ambientes, lugares...
 Este caderno de vacacións pode ser o motivo para sentar con eles e elas un anaquiño ao día. Conversade sobre os conceptos e centros de interese que se tratan, que eles expresen as súas opinións, e animádeos a que os traballen. Cómpre que non perdan o hábito de traballo escolar tan recentemente adquirido.
 Contén actividades sinxelas, amenas, divertidas, entretidas, axeitadas  ás características, capacidades e intereses dos vosos fillos e fillas, variadas e flexibles para asegurar a súa motivación e interese. De forma lúdica, abordan contidos das tres áreas curriculares traballadas durante o curso: Coñecemento de si mesmo/a e autonomía persoal, Coñecemento do contorno (medio físico, natural, social e cultural) e Linguaxes: comunicación e representación. A través destas actividades favorecerase o desenvolvemento de todas as competencias, capacidades e intelixencias múltiples necesarias para superar con éxito este nivel educativo, e constrúense os cimentos para  o curso seguinte. Os contidos que se abordan son, entre outros: o coñecemento do corpo, percepción do tempo e do espazo, os hábitos persoais, o desenvolvemento das rutinas da vida cotiá, a construción da propia identidade, o coñecemento do medio natural e os seus elementos, iniciación nas habilidades matemáticas e o desenvolvemento do pensamento lóxico, os atributos e cualidades dos obxectos, a participación na vida en comunidade e a convivencia, iniciación nos fundamentos da lectoescritura, a linguaxe oral, audiovisual, artística  e corporal...

Materia en Libreria Porta Da Vila

Xerais en Libreria Porta Da Vila

  • O rei de nada
    Titulo del libro
    O rei de nada
    Alvarez Núñez, Sabela
    Xerais
    " O reí de nada " Os habitantes dunha vila protestan perante  o alcalde por non teren auga nin luz. ...
    No disponible

    7,50 €

  • ruído de fondo
    Titulo del libro
    ruído de fondo
    Salgado García, Daniel
    Xerais
    O poema é unha inscrición na época. Non renuncia ao rumor do mundo. Nin á violencia de todas as cousas. Per...
    No disponible
  • Xeografía histórica de Galicia
    Titulo del libro
    Xeografía histórica de Galicia
    O'Flanagan, Patrick
    Xerais
    Coñecer un país pódese facer de diversos xeitos: camiñando e observando o que vemos ou consultando fontes d...
    No disponible

    20,00 €

  • (05).CADERNO ORTOGRAFIA 3O-4O.ESO (2O.CICLO) (GALEGO)
    Titulo del libro
    (05).CADERNO ORTOGRAFIA 3O-4O.ESO (2O.CICLO) (GALEGO)
    Rodríguez Rodríguez, Anaír
    Xerais
    No disponible

    Consulta a nosa
    Libraría

  • Todas as vidas
    Titulo del libro
    Todas as vidas
    Nº 464
    Pena, Xosé Ramón
    Xerais
    "Todas as vidas" recrea relatos de soñadores, perdedores, persoas frustradas ou de aspirantes á revolución. ...
    No disponible