A deleiba do mundo

A deleiba do mundo. Cando as nosas civilizacións esmorecen

Editorial:
Xerais
EAN:
9788499140346
Ano de edición:
Materia
ENSAIOS
ISBN:
978-84-9914-034-6
Páxinas:
264
Encadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
lingua:
GALEGO
Ancho:
220
Alto:
145
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
CRONICA

21,05 €

IVE incluído

"Entramos no novo milenio sen compás", con esta frase comeza este ensaio no que Amin Maalouf intenta explicar como se chegou á deleiba actual do mundo e como se poderá saír dela. Para Maalouf dende os primeiros meses do século XXI veñen producíndose acontecementos desacougantes que inducen a pensar que o mundo coñece unha deleiba maior, e en varios ámbitos ao tempo. Deleiba económica e financeira, que transforma o planeta enteiro nunha zona de turbulencias de consecuencias imprevisibles, que constitúe, en si mesmo un síntoma dunha perturbación do noso sistema de valores. Deleiba climática, resultado dunha longa práctica de irresponsabilidade colectiva. Para o  autor libanés non estaría de máis preguntarse se diante dunha situación semellante, a nosa especie non acadou, dalgún xeito, o limiar dun conflito de incompetencia moral se non acaba de iniciar un movemento de regresión que ameaza con derrubar o que tantas xeracións sucesivas tardaron en edificar. Para Maalouf a deleiba do mundo ten menos que ver co "choque de civilizacións" que co esgotamento simultáneo dos nosos modelos sociais. Sobre todo, o dos ámbitos culturais cos que el se identifica: o occidental e o do mundo árabe. O  primeiro, por ser pouco fiel aos seus propios valores; o segundo, por  atoparse pechado nun impasse histórico. Un diagnóstico inquedante que  desemboca nunha nota de esperanza. Segundo Maalouf, o período axitado  no que entramos podería levarnos a elaborar unha visión por fin adulta das nosas identidades, das nosas crenzas, das nosas diferenzas e do destino do planeta que compartimos.

Outros libros do autor en Libreria Porta Da Vila

Materia en Libreria Porta Da Vila

Xerais en Libreria Porta Da Vila

  • A rede branca
    Titulo del libro
    A rede branca
    Morgan, Paco
    Xerais
    Ambientada na cidade portuaria de Úrvida (que se pode identificar con Vigo), «A rede branca» é unha trepida...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    14,50 €

  • Da calzada ao casco vello de Vigo
    Titulo del libro
    Da calzada ao casco vello de Vigo
    Lamas, Jorge
    Xerais
    Sen saír do Vigo histórico, máis alá do que os vigueses chamamos «Casco Vello» tamén hai historia. Dende...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    21,50 €

  • Teoría do caos
    Titulo del libro
    Teoría do caos
    Aleixandre, Marilar
    Xerais
    Paco, o alcalde de Santorén, unha vila da Costa Morte, sofre un pesadelo pola morte do cabo Agapito, a quen at...
    No disponible
  • Contos colorados
    Titulo del libro
    Contos colorados
    Cuba, Xoán R.;Reigosa, Antonio;Miranda, Xosé
    Xerais
    Estes Contos colorados son unha mostra ampla, seria, competente e representativa das narracións eróticas da t...
    No disponible

    47,10 €

  • Elas e o paraugas totalizador
    Titulo del libro
    Elas e o paraugas totalizador
    González Fernández, Helena
    Xerais
    "Elas e o paraugas totalizador" é unha metáfora das tensións identitarias: os tirapuxas entre xénero e naci...
    No disponible

    20,10 €