Contos colorados

Contos colorados. Narracions eroticas da tradicion oral

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483025376
Materia
LITERATURA
ISBN:
978-84-8302-537-6
Páxinas:
328
Encadernación:
TAPA DURA
lingua:
GALEGO
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

47,10 €

IVE incluído

Estes Contos colorados son unha mostra ampla, seria, competente e representativa das narracións eróticas da tradición oral de Galicia. Douscentos noventos contos, a maioría deles moi breves, dos considerados popularmente como de amores, rubios, pilleirentos, pícaros, pillabáns, eróticos ou porno-inxenuos, xa que todos eles falan, insinúan ou inciden en materia sexual.Reelaboradas e coidadosamente anotadas, as narracións que aquí se presentan constitúen a variante total dos contos eróticos galegos que se foron aprendendo de boca a orella, de xeración en xeración, na longa viaxe dos séculos.Quen lea este volume verá desfilar páxina a páxina unha impresionante galería de maridos cornudos, curas putañeiros, acólitos e sancristáns luxoriosos, esposos cansos e pouco espilidos, casadas infieis, monxas lascivas, episodios de zoofilia, artes e enganos de amantes e queridos, descarnadas burlas de todo tipo de comportamentos sexuais, especialmente os dos cregos hipócritas que fan todo o contrario do que predican, pecados de luxuria de solteiros, casados e relixiosos con profesión de castidade, inocentes burlados, falsas virxes, fillas que burlan a severa vixilancia dos seus pais, contraseñas que abren portas e propician encontros secretos de amantes  adúlteros e toda clase de trasegos eróticos; con distintas doses de atrevemento e ousadía pero case sempre nun ton de humor despreocupado e burlesco.Os ollos de hoxe, unha alta porcentaxe destas narracións son machistas e en moitos casos re-trógadas nas valoracións morais que  transmiten; anque noutros casos poidan ser certeiramente críticas e cuestionen de arriba a abaixo os poderosos alicerces do estamento clerical; pero en definitiva veñen sendo a plasmación de cómo asume ou  entende unha sociedade tradicional, hoxe en quebra, determinados valores.

Outros libros do autor en Libreria Porta Da Vila

  • Contos de animais I
    Titulo del libro
    Contos de animais I
    Miranda, Xosé / Reigosa, Antonio / Cuba Rodríguez, Xoán Ramiro
    Xerais
    No disponible

    10,00 €

  • Contos marabillosos II
    Titulo del libro
    Contos marabillosos II
    Miranda Ruiz, Xosé / Reigosa, Antonio / Cuba, Xoán Ramiro
    Xerais
    No disponible

    10,00 €

  • Contos de maxia, IV
    Titulo del libro
    Contos de maxia, IV
    Cuba Rodríguez, Xoán Ramiro / Reigosa Carreiras, Antonio / Miranda Ruíz, Xosé
    Xerais
    A colección Cabalo buligán reúne contos da nosa tradición oral, son as  nosas historias, a nosa cultura. Ca...
    No disponible

    10,95 €

  • Diccionario dos seres míticos galegos
    Titulo del libro
    Diccionario dos seres míticos galegos
    Reigosa, Antonio / Miranda Ruiz, Xosé / Cuba, Xoán Ramiro
    Xerais
    Diccionario dos Seres Míticos Galegos é unha viaxe a través da mitoloxía do país, asentada, na oralidade d...
    No disponible

    43,30 €

  • Contos de maxia I
    Titulo del libro
    Contos de maxia I
    Miranda, Xosé / Reigosa, Antonio / Cuba Rodríguez, Xoán Ramiro
    Xerais
    No disponible

    10,35 €

Materia en Libreria Porta Da Vila

Xerais en Libreria Porta Da Vila