Diccionario de verbos galegos. Laverca

Diccionario de verbos galegos. Laverca

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483028551
Ano de edición:
Materia
DICIONARIOS, ENCICLOPEDIAS, ATLAS
ISBN:
978-84-8302-855-1
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

23,40 €

IVE incluído

LAVERCA é un programa composto por un conxugador verbal e un analizador de formas verbais. Presenta como principal novidade a incorporación de voz sintética, feminina e masculina, que se utiliza para a lectura dos verbos que se presentan en pantalla.Esta ferramenta  permite a conxugación dos verbos galegos a partir do seu infinitivo, así como a análise (tempo, modo, persoa, clase) de calquera forma do paradigma verbal. En LAVERCA están incluídos tódolos verbos normativos  recollidos no Vocabulario ortográfico da lingua galega (VOLGA). Pero tamén se incorporan algúns verbos e algunhas variantes dialectais de uso bastante frecuente (por exemplo, arrepañar, esvaer, zazamelar, etc) ás que non se lles deu entrada no VOLGA. Cando a flexión dun verbo permite máis dunha forma, recóllense tódalas variantes posibles (tedes / tendes, vide / vinde, etc). Ofrécese o paradigma verbal completo, con indicación do nome dos distintos tempos verbais e os pronomes correspondentes ás diferentes persoas, pero o usuario ten a posibilidade de seleccionar só os modos, tempos ou persoas verbais que  sexan do seu interese.Esta obra, que integra un diccionario de verbos  clásico e un programa informático novidoso que permite a conxugación e a análise verbal, así como a reproducción oral mediante voz sintetizada, é un instrumento necesario e atractivo para a aprendizaxe  da morfoloxía verbal galega.

Materia en Libreria Porta Da Vila

Xerais en Libreria Porta Da Vila

  • Terra de Santiago
    Titulo del libro
    Terra de Santiago
    LAREDO VERDEJO, X.L.
    Xerais
    No disponible

    13,60 €

  • Do descontento á acción
    Titulo del libro
    Do descontento á acción
    Fernández, Concha;Sabucedo, Xosé Manuel
    Xerais
    "Do descontento á acción. A construción social da protesta campesiña en Galiza" analiza, a partir das acheg...
    No disponible

    23,00 €

  • (10).CULTURA AUDIOVISUAL 1O.BACHARELATO (XERAIS)
    Titulo del libro
    (10).CULTURA AUDIOVISUAL 1O.BACHARELATO (XERAIS)
    Rouco Lamela, José Eulogio
    Xerais
    No disponible

    35,55 €

  • Fenda, loucura e morte
    Titulo del libro
    Fenda, loucura e morte
    Blixen, Karen;Perkins, Charlote;Pardo Bazán, Emilia
    Xerais
    O feito de reunir nun mesmo volume estes catro relatos (``A páxina en branco´´ de Karen Blixen; ``O papel de...
    No disponible

    7,10 €

  • Somos pandeireteiras
    Titulo del libro
    Somos pandeireteiras
    Peón, Mercedes
    Xerais
    Esta é a historia dunha serie de mulleres que, coa pandeireta na man, eran libres. Tal e como afirma Merc...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    17,95 €