Química 2ºbacharelato

Química 2ºbacharelato

Editorial:
Baia
EAN:
9788492630127
Ano de edición:
Materia
LIBROS DE TEXTO
ISBN:
978-84-92630-12-7
Páxinas:
384
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
2ºBACHARELATO

32,24 €

IVE incluído

Este libro que está dirixido ao alumnado de Segundo de Bacharelado foi  elaborado tendo en conta o Decreto que establece o "Currículo do Bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia". Os contidos do texto organízanse en nove temas e un apéndice. Os temas  correspóndense cos que se establecen no citado Currículo do Bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (salvo o tema 4: Cinética química, que non aparece no Currículo, pero completa o estudo  da reacción química). Ademais engádese o tema 0 como repaso do estudado no primeiro curso de Bacharelato, xa que será materia de exame nas PAAU e debemos lembrar que moitos dos alumnos e alumnas de Segundo de Bacharelato farán estas probas cando remate o curso. En cada tema faise un desenvolvemento teórico da materia, acompañado dunha serie de "Exercicios resoltos" que pretenden servir de guía e axuda para o alumnado na aplicación das ideas e conceptos que se van desenvolvendo no tema. Co fin de facer unha revisión do estudado, ao final de cada tema propóñense unha serie de exercicios que levan indicada a solución numérica para facilitar o traballo autónomo por parte das alumnas e alumnos. Moitos destes exercicios, así como algúns dos resoltos, propuxéronse no seu día nas PAAU de COU. Ademais recóllense, a modo de  orientación, os exercicios que apareceron nas PAAU (LOXSE) desde o ano 1996 até o 2008. Na maioría dos temas desenvólvense prácticas de laboratorio, que servirán para aplicar algúns dos conceptos estudados na práctica, non debemos esquecer que a Química é unha ciencia experimental. Ademais, na PAAU de Química aparecerá unha cuestión sobre prácticas de laboratorio que puntuará até dous puntos. As actividades TIC que se propoñen son tarefas de investigación que se  poden realizar en grupo, polo conxunto da clase ou individualmente. Pretenden relacionar os contidos co medio no que vivimos, e fomentar o  emprego das TIC. Ao final dos temas inclúese mapas conceptuais que facilitan a integración e interiorización dos coñecementos adquiridos en cada unidade. No apéndice indícanse as principais constantes físicas e químicas, que  poden ser de utilidade para o alumnado.

Materia en Libreria Porta Da Vila

Baia en Libreria Porta Da Vila

  • Manual práctico de galego
    Titulo del libro
    Manual práctico de galego
    Beltrán Carballeira, Ramón X.
    Baia
    O Manual práctico de galego forma parte da colección que Baía Edicións  dedica a poñer en mans das persoas...
    No disponible

    24,00 €

  • O mundo máxico de Tolkien
    Titulo del libro
    O mundo máxico de Tolkien
    Klocsko, Edouard
    Baia
    Tes entre mans unha obra única no seu xénero. Ao pasar as páxinas, descubrirás un universo máxico e fabulo...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    16,55 €

  • Guía das libelulas de Galicia
    Titulo del libro
    Guía das libelulas de Galicia
    Fernandez, Miguel Angel
    Baia
    Esta guía trata sobre un grupo de insectos que reciben en Galicia as denominacións de tizóns do demo, cabalo...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    38,20 €

  • O meniño Nito
    Titulo del libro
    O meniño Nito
    Rosa, Sonia
    Baia
    O meniño Nito. Entón, os homes choran ou non?    Os homes choran ou non choran? Ese é o dilem...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    13,25 €

  • A momia
    Titulo del libro
    A momia
    Lluch, Enric
    Baia
    Integrada por dez títulos profusamente ilustrados a toda cor por destacados ilustradores de recoñecido presti...
    No disponible

    6,75 €