VOLVE A COCIÑA DE LARPEIROS

VOLVE A COCIÑA DE LARPEIROS

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788498654509
Ano de edición:
Materia
GASTRONOM?A
ISBN:
978-84-9865-450-9
Páxinas:
150
Encadernación:
TAPA DURA
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

20,20 €

IVE incluído

Así titula Paula Cermeño a entrevista que introduce o terceiro libro de Benigno Campos: Volve a cociña de Larpeiros, a nova entrega dos máis popular e seguido dos cociñeiros galegos, responsable dun éxito editorial sen precedentes no mercado editorial galego. Volve a cociña de Larpeiros con máis de 120 novas receitas, receitas da cociña tradicional de Galicia, receitas das nosas nais e avoas. Pratos que, como di Benigno Campos, tamén serven para moito máis que comer, pois son unha "oportunidade de falar, de encontrarse". Con este terceiro libro, as lectoras e lectores de bo padal poderían, sumando as receitas dos dous libros anteriores (A cociña de Larpeiros e Novas receitas da cociña de Larpeiros), dispor de pratos para todos os días do ano sen ter en ningún momento unha sensación de rutina. A amplísima  variedade de produtos e xeitos de preparalos completan un extraordinario catálogo gastronómico. Na cociña, a suma de ingredientes non dá sempre o mesmo resultado. Algo misterioso ocorre nas cazolas para que o mesmo prato non saiba igual aínda que dúas persoas dean os mesmos pasos na súa preparación. Ese misterio é a "man" de cada cociñeira e de cada cociñeiro. E nesta nova entrega o autor revélanos 30 segredos da súa "man" para que os seus seguidores poidan achegarse ao saboroso resultado que logra Benigno Campos coas súas preparacións. Eses pequenos, mais imprescindibles consellos que dan o punto final a cada prato. Os larpeiros están en boa hora!Con 30 segredos do cociñeiro

Materia en Libreria Porta Da Vila

Galaxia en Libreria Porta Da Vila

  • Astérix o galo
    Titulo del libro
    Astérix o galo
    Goscinny / Uderzo
    Galaxia
    No disponible

    10,50 €

  • Bosque
    Titulo del libro
    Bosque
    Nº 124
    Blanco Casás, Antón
    Galaxia
    En Bosque, o poema revela un mundo se cadra anterior, mais tamén atemporal. Sinala os movementos e as articula...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    11,90 €

  • A esfinxe de Amaranto
    Titulo del libro
    A esfinxe de Amaranto
    Riveiro Coello, Antón
    Galaxia
    O autor de As rulas de Bakunin, coa que obtivera un impresionante éxito entre os lectores, cóntanos agora a c...
    No disponible
  • ¡A besta!
    Titulo del libro
    ¡A besta!
    Masma, Xan de
    Galaxia
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    24,80 €

  • Onde ferve a memoria
    Titulo del libro
    Onde ferve a memoria
    Nº 113
    Rodríguez Baixeras, Xavier
    Galaxia
    Na primavera silenciosa o poeta consegue entrar na súa casa, mais só para atopar o abatemento e a disolución...
    No disponible